p.coucheiro fotografia

A&R

Advertisements

A e R casaron un fermoso día de verán, cálido e soleado. Debo dicir que coñecín a unha noiva que mimou o seu enlace cun agarimo loable. Ao seu carón, como non podía ser doutro xeito, un compañeiro fiel que lle deu a man en todo o proceso. Síntome moi feliz de poder dicir que tamén me sentín parte desta viaxe, unha viaxe que recordo sempre con cariño. E chegou o día. Esta selección de imaxes pretende ser unha mostra do máis importante daquela xornada (aparte da parella de recén casados, por suposto): os detalles. Detalles decorativos, detalles en forma de agasallo… pero tamén detalles en forma de luz que se colaba polos sitios e chamaba a atención da miña cámara.

Porque unha voda coma a vosa, queridos A e R, merece ser retratada co mesmo mimo que vós lle puxestes a cada intre. Vivan os noivos!

Advertisements

Advertisements