Mariña

Son moitos os motivos polos que esta sesión de fotos é moi especial para min. Un deles, que só coñezo eu e agora ti que me estás lendo, é porque estas fotos están integramente feitas con enfoque manual, imitando a fotografía analóxica primixenia. Iso permite que as texturas da imaxe gañen máis presencia e non sei a ti pero… a min encántame.

En segundo lugar, porque foi unha sesión na que me sentín totalmente libre e traballei comodamente na casa desta fermosa nena. Ás veces os cativos cando os sacas do seu hábitat séntense estranos. É normal. Mariña, sen embargo, estaba con seus pais, cos seus xoguetes, na súa habitación e no seu salón, e estaba cómoda e relaxada.

En terceiro lugar e quizáis o máis importante, porque ela é asi, preciosa, natural e chea de expresividade. E a expresividade non quere dicir que esteas frenética, senón precisamente todo o contrario. Que, na relaxación máis absoluta, transmitas emocións.

A fotografía da portada creo que o di todo.

Sen máis, desfrutade. Déixovos coa miña forma de entender este traballo: dende o respeto e a admiración pola beleza que se esconde en cada pequeno detalle.

marinhaweb-1

marinhaweb-2

marinhaweb-3

marinhaweb-4

marinhaweb-5

marinhaweb-6

marinhaweb-7

marinhaweb-8

marinhaweb-9

marinhaweb-10

marinhaweb-11

marinhaweb-13

marinhaweb-14

marinhaweb-15

marinhaweb-16

marinhaweb-17

marinhaweb-18

marinhaweb-20

marinhaweb-19

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s