p.coucheiro fotografia

Voda N&X

Advertisements

Nery e Xabi casaron un fermoso día de verán do ano pasado nun lugar máxico: o Pazo de Andeade, unha casona inmensa con xardíns e carballeiras ao seu arredor. Lembro que foi un día no que disfrutei moito da súa compaña, sempre sorrintes. Desta reportaxe, quixen facer unha pequena selección de instantáneas que espero vos transporten a un día cheo de ledicia e amor. A elegante habitación onde se vestiu Nery, os paseos logo da cerimonia, o son da gaita… que morriña me entra de súpeto. Graciñas por contar comigo e moita moita saúde aos noivos!

 

Advertisements

Advertisements